Vermello, azul, verde.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Leo na prensa escrita que a cor que máis atrae sexualmente aos homes (pero non ás mulleres) é o vermello. Cada día dubido máis deste tipo de estudos “científicos”. Mellor: poño en cuestión a forma en que se divulgan estas investigacións científicas. Imaxino que non hai condicionamentos biológicos nesta preferencia polo vermello. O quid da cuestión é que é a cor con menor presenza na natureza. Unha paisaxe usual apenas ten esa cor; polo menos nas latitudes en que se fan este tipo de investigacións ou na latitude en que escribo. Os seres humanos somos moi estraños. Non sabemos o que queremos ou, queremos ter todo. É unha forma inconsciente de cobiza. Pola arista A, amamos a simetría, os trazos exactos e definidos. Reconciliámonos con nós mesmos cando nos reconciliamos coa natureza. Recoñecemos a simetría da matemática fractal, que regulariza a estrutura profunda de moitos fenómenos naturais que aparentemente son un caos. Pola arista B, temos moita curiosidade por todo aquilo que é irregular, polo estraño, polo sorprendente. É unha pulsión tan forte que, por exemplo, apreciamos nas persoas os seus pequenos defectos porque rompen a simetría. Por iso o vermello, tan irregular, tan estraño, tan insólito, tan pouco natural, é tan atraínte. Se a herba torna vermella, ou o ceo volver vermello, debeceriamos polo azul ou polo verde. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gústame este blogue |
|
|
|
|
López-Chavez, I. Volveu a facer das súas no Parlamento. Bieito Lobeira estivo acertadísimo cando o expulsou da comisión de cultura. |
||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descubrín que o tema principal de Paris-Texas é unha versión dun country blues anterior, máis suave. |
|
|
Música de fondo: unha ténue melodía de (Olvido Gara). O DJ está inspirado... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
{Timothy Saccenti é un fotografo especializado en fotografar músicos. Penso que ten cousas máis potencia estética} |
|
|

Chúzao
del.icio.us


