Tempo insuficiente, créditos ECTS e mocidade
Lin, esta semana, na prensa escrita –eu son dos que seguen a ler a prensa impresa sempre que poden- que alguén está alarmado porque o estudantado –universitario, de momento- prepara a metade dos créditos que debería por convocatoria. Eu estudei así, distribuíndo a carga lectiva ao longo do ano escolar, e non me foi tan mal. Así é como fixemos os máis da miña clase ou, mellor dito, as máis, porque eran elas, con gran diferenza, moi moito máis numerosas. Faise así por ser máis cómodo, menos abafante, máis levadío.
Organiceime así, e agora véxoo como un acerto, para dispor de tempo –descontado aquel aproveitado durante as viaxes en transporte colectivo- para ler cousas, libros, sobre todo, fóra do programa. Tamén para ter tempo libre, nunca suficientemente valorado, sempre necesario. Mesmo para dedicarme ao, hoxe –e daquela- tan deostado, movemento estudantil. Noutras ocasións non quedaba máis remedio, como na LOU –un movemento que foi orixe (en parte) de varios cambios-, ou durante a traxedia do Prestige, catástrofe nacional.
Agora, coa reforma de Boloña e o aumento de carga de traballo e coas limitacións de convocatorias, faise máis difícil facer isto. Non se lle pode botar a culpa á mocidade de artellar estratexias, colectivas –hai que dicilo todo-, para sobrevivir nunha sociedade cada vez máis individualista.
Pola miña parte, aínda que estudaba todo o ano, aprobei con nota alta en varias ocasións. Non me arrepinto.
|
{Un retrato (super pop?) tomado por Marla Rutherfor} |
|


Chúzao
del.icio.us


