Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

Categoría: Economía

18/10/2008 GMT 1

Iso pensamos nós.

fumador @ 14:35

Non sabemos moito de economía, pero podemos compartir algunhas das nosas ideas sobre iso que algúns chaman crise económica. Sabemos o que pasou, lémolo. Sentimos falar moito das súas causas. Escoitamos que todo comezou polo que comezou. Agora ouvimos que hai que tomas medidas. Isto dino aqueles que antes clamaban polo estado sen corpo. Agora buscan papá estado…

« Desde o noso  punto de vista, hai moita diferenza entre as reformas do noso goberno e as que está a introducir Roosevelt en EUA. Nós traballamos para someter a economía ás necesidades sociais; eles, porén, aspiran a refuxiarse no paraugas estatal mentres chove, pero logo todo volverá a ser igual. », resumimos así o que lle dixo un estadista europeo nunha entrevista a H.G. Wells.

Iso pensamos nós.



william-claxton-marlon-brando.bmp

{Esta foto de Marlon Brando toumouna William Claxton, fotográfo que se especializou en tomar instantancia de jazzistas. A súa luz apagouse esta semana; a súa web contiuará colgada, se calllar, un tempo...

As que lle tomou a Benitio del Toro son, na miña opinión, as mellores que se lle tomaron a este actor}

07/07/2008 GMT 1

Porque non triúnfan os portaminas?

fumador @ 20:40

Leo en internet sobre a viabilidade dos libros dixitais. Non dubido, como moitas persoas, que os libros dixitais teñen moitas vantaxes. Concordo, porén, con esas mesmas persoas que pensan que os libros tradicionais van seguir a ser útiles. Así e todo, nun primeiro momento non sabería explicar ben o porqué. Ten que ver coa obsolencencia.

Hai tres motivos principais que explican a obsolescencia, ou o desuso de algo, non por ter un funcionamento defectuoso, senón por outros motivos:

Insuficiencia de recambios ou materia prima. Cando se esgota a materia prima dun ben ou as pezas coas que se fabrica, obviamente, déixase de utilizar. Hai quen inclúe nesta aliña o abandono de automóbiles moi vellos. Eu creo que o caso máis claro é o do papiro.

Alternativas mellores. Se nun determinado momento, para unha mesma funcionalidade, aparece unha tecnoloxía máis eficiente, a nova substitúe á vella. O caso paradigmático é o da informática; eu non deixaría de sinalar que os ordenadores, como procesadores de textos, substituíron ás máquinas de escribir eléctricas, que substituíran ás vellas mecánicas.

Opción de uso. Unha terceira opción é que o público escolla unha de varias alternativas que aparecen a un tempo, como que pasou con BETA e VHS.

Cal explica que os portaminas non substituíran aos lapis? Ningunha. Aínda admitindo que hai tecnoloxías obsoletas que sobreviven confinadas en funcións especiais ou afectivas, non se explica porque os portaminas non teñen un uso tan xeneralizado como os lapis, cando son, desde calquera punto de vista, mellores. Ou non?

Lapis e portaminas

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis