Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

Categoría: lecer

07/11/2008 GMT 1

Hoxe non hai post

fumador @ 16:39

tony-duran.JPG

Só unha foto de Tony Duran.

31/10/2008 GMT 1

Vermello, azul, verde.

fumador @ 21:14

Leo na prensa escrita que a cor que máis atrae sexualmente aos homes (pero non ás mulleres) é o vermello. Cada día dubido máis deste tipo de estudos “científicos”. Mellor: poño en cuestión a forma en que se divulgan estas investigacións científicas.

Imaxino que non hai condicionamentos biológicos nesta preferencia polo vermello. O quid da cuestión é que é a cor con menor presenza na natureza. Unha paisaxe usual apenas ten esa cor; polo menos nas latitudes en que se fan este tipo de investigacións ou na latitude en que escribo.

Os seres humanos somos moi estraños. Non sabemos o que queremos ou, queremos ter todo. É unha forma inconsciente de cobiza.

Pola arista A, amamos a simetría, os trazos exactos e definidos. Reconciliámonos con nós mesmos cando nos reconciliamos coa natureza. Recoñecemos a simetría da matemática fractal, que regulariza a estrutura profunda de moitos fenómenos naturais que aparentemente son un caos.

Pola arista B, temos moita curiosidade por todo aquilo que é irregular, polo estraño, polo sorprendente. É unha pulsión tan forte que, por exemplo, apreciamos nas persoas os seus pequenos defectos porque rompen a simetría. Por iso o vermello, tan irregular, tan estraño, tan insólito, tan pouco natural, é tan atraínte.

Se a herba torna vermella, ou o ceo volver vermello, debeceriamos polo azul ou polo verde.

Gústame este blogue

Segundo My Heritage, parézome a este, a este, a este, e a esta tamén... Agradezo a ligazón a un e a outra, pero algo non funciona no trebello.

López-Chavez, I. Volveu a facer das súas no Parlamento. Bieito Lobeira estivo acertadísimo cando o expulsou da comisión de cultura.

Aínda non tiven tempo de ler o que escribiu XXX

Descubrín que o tema principal de Paris-Texas é unha versión dun country blues anterior, máis suave.

Música de fondo: unha ténue melodía de (Olvido Gara). O DJ está inspirado...

timothy-saccenti.JPG

{Timothy Saccenti é un fotografo especializado en fotografar músicos. Penso que ten cousas máis potencia estética}

18/10/2008 GMT 1

Tempo insuficiente, créditos ECTS e mocidade

fumador @ 14:47

Lin, esta semana, na prensa escrita –eu son dos que seguen a ler a prensa impresa sempre que poden- que alguén está alarmado porque o estudantado –universitario, de momento- prepara a metade dos créditos que debería por convocatoria. Eu estudei así, distribuíndo a carga lectiva ao longo do ano escolar, e non me foi tan mal. Así é como fixemos os máis da miña clase ou, mellor dito, as máis, porque eran elas, con gran diferenza, moi moito máis numerosas. Faise así por ser máis cómodo, menos abafante, máis levadío.

Organiceime así, e agora véxoo como un acerto, para dispor de tempo –descontado aquel aproveitado durante as viaxes en transporte colectivo- para ler cousas, libros, sobre todo, fóra do programa. Tamén para ter tempo libre, nunca suficientemente valorado, sempre necesario. Mesmo para dedicarme ao, hoxe –e daquela- tan deostado, movemento estudantil. Noutras ocasións non quedaba máis remedio, como na LOU –un movemento que foi orixe (en parte) de varios cambios-, ou durante a traxedia do Prestige, catástrofe nacional.

Agora, coa reforma de Boloña e o aumento de carga de traballo e  coas limitacións de convocatorias, faise máis difícil facer isto. Non se lle pode botar a culpa á mocidade de artellar estratexias, colectivas –hai que dicilo todo-,  para sobrevivir nunha sociedade cada vez máis individualista.

Pola miña parte, aínda que estudaba todo o ano, aprobei con nota alta en varias ocasións.   Non me arrepinto.

 

 {Un retrato (super pop?) tomado por Marla Rutherfor}

marla-rutherford-retratop.jpg

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis