Discernindo entre o touciño e a velocidade
|
Hai cousa dun par de meses discutía cun compañeiro de militancia arredor da natura regresiva do goberno Feijoo. El, máis experimentado ca min, afirmaba que estamos ante unha regresión aos peores momentos da época Fraga. Eu, pola contra, mantiña unha posición moito máis azouta. Non estamos perante unha regresión fraguiana, senón que temos diante algo diferente. E moito peor. Hoxe atopei a proba que me dá a razón. É moi coñecido que o Tribunal Supremo rexeitou a finais de outubro un recurso sobre sobre a intención que tiña un pai de que o seu fillo fose escolarizado unicamente en español. Todo o mundo interpreta este feito como unha derrota das teses de grupellos como Galicia Bilingüe e un pau moi duro á política do goberno Feijoo, incluíndo a (custosa) consulta aos pais. Pódese ler aquí, aquí, aqui, aquí e aquí. Por outra parte aquí pódese ler a sentenza do Tribunal Supremo de hai uns días e aqui a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Por motivos persoais tiven que as ler moi polo miúdo e dei cun pequeno detalle que lle pasou por alto a todo o mundo, cando menos aparentemente. Tentarei explicarme: A sentenza do Supremo é do 21 de outubro de 2009 e fai referencia a outra anterior. A sentenza do Superior é do 21 de novembro de 2007 e resolve un recurso anterior contencioso-administrativo.
|
||
|
|
Aquí teño que facer un inciso. Cando unha administración pública toma unha decisión, esta pódese recorrer dentro da administración ata o recurso de alzada. Se isto non funciona, pódese recorrer á vía xudicial contencioso-administrativa que é sempre a segunda fase. A primeira fase sempre é a administrativa.
|
|
|
O recurso contencioso (xudicial) discutía a resolución dun recurso de alzada (administrativo) que a súa vez cuestionaba unha resolución anterior. E dicir, que hai unha cadea de petición – resolución en contra – recurso que se repite tres veces. Mais..., de cando era a primeira petición? Todo o mundo asumiu e asume que esta petición cargaba contra o decreto do bipartito, pero...
|
||
|
Aquí teño que facer outro inciso. Asociacións do tipo AGLI, ou Tan gallego... ou Galicia Bilingüe, entre outras, están, cando menos inspiradas e apoiadas por militantes do PP, non podería asegurar até que extremos. Cando menos, a FAES é o autor intelectual desta involución lingüística. O pai que facía a petición estaba na órbita de AGLI. De feito, a sentenza do Tribunal Supremo reflicte que o recurso de casación, como parte da súa alegación, fai referencia a unha carta que esa asociación lle mandara ao Defensor do Pobo. |
|
|
|
Na sentenza do Tribunal Superior, na súa exposición de motivos rexístrase que a primeira petición é do 4 de xaneiro de 2007. O decreto do goberno de coalición, o do 50%, é do 28 de xuño de 2007. Este pai estaba cuestionando o decreto anterior, o decreto 247/1995, para entendernos, O PP DE FEIJOO AVALOU UN RECURSO ANTE O TRIBUNAL SUPREMO CONTRA UN DECRETO DE FRAGA. Estamos ou non estamos diante dun PP diferente?
A maiores, ocorrénseme unha chea de ramificacións deste feito, pero iso é outra historia... |
||



Chúzao
del.icio.us



