Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

Categoría: Literatura

06/11/2009 GMT 1

Alguén recoñece este texto?

fumador @ 18:29

Non podía crer o que lle estaba a dicir Cally. O seu amigo morrera no incendio de ___________. O que lle chocaba non era a idea de non o volver a ver máis, senón a sensación de que algo non cadraba. Karl era retraído, inseguro, parecía non ter sangue nas veas. A feito de que se lanzase cun equipamento estándar ás lapas, nunha mostra de insospeitado valor, non casaba coa imaxe que tiña del. Era tan tímido que tardara varios días en ir ás duchas con todo o mundo. Dáballe vergonza.

o-pau-da-lus.JPG

31/10/2008 GMT 1

Vermello, azul, verde.

fumador @ 21:14

Leo na prensa escrita que a cor que máis atrae sexualmente aos homes (pero non ás mulleres) é o vermello. Cada día dubido máis deste tipo de estudos “científicos”. Mellor: poño en cuestión a forma en que se divulgan estas investigacións científicas.

Imaxino que non hai condicionamentos biológicos nesta preferencia polo vermello. O quid da cuestión é que é a cor con menor presenza na natureza. Unha paisaxe usual apenas ten esa cor; polo menos nas latitudes en que se fan este tipo de investigacións ou na latitude en que escribo.

Os seres humanos somos moi estraños. Non sabemos o que queremos ou, queremos ter todo. É unha forma inconsciente de cobiza.

Pola arista A, amamos a simetría, os trazos exactos e definidos. Reconciliámonos con nós mesmos cando nos reconciliamos coa natureza. Recoñecemos a simetría da matemática fractal, que regulariza a estrutura profunda de moitos fenómenos naturais que aparentemente son un caos.

Pola arista B, temos moita curiosidade por todo aquilo que é irregular, polo estraño, polo sorprendente. É unha pulsión tan forte que, por exemplo, apreciamos nas persoas os seus pequenos defectos porque rompen a simetría. Por iso o vermello, tan irregular, tan estraño, tan insólito, tan pouco natural, é tan atraínte.

Se a herba torna vermella, ou o ceo volver vermello, debeceriamos polo azul ou polo verde.

Gústame este blogue

Segundo My Heritage, parézome a este, a este, a este, e a esta tamén... Agradezo a ligazón a un e a outra, pero algo non funciona no trebello.

López-Chavez, I. Volveu a facer das súas no Parlamento. Bieito Lobeira estivo acertadísimo cando o expulsou da comisión de cultura.

Aínda non tiven tempo de ler o que escribiu XXX

Descubrín que o tema principal de Paris-Texas é unha versión dun country blues anterior, máis suave.

Música de fondo: unha ténue melodía de (Olvido Gara). O DJ está inspirado...

timothy-saccenti.JPG

{Timothy Saccenti é un fotografo especializado en fotografar músicos. Penso que ten cousas máis potencia estética}

03/10/2008 GMT 1

Lin Os Eoas...

fumador @ 16:28


O poeta

 

Daqueles héroes fortes e barudos,

Que a tanto se ofreceran, tanto ousaran,

Que de todo indefensos e desnudos

De ferro combateran e luitaran,

E por fe grande intrépidos e rudos

Venceran, e as edades admiraran,

A morte destemidos desdeñando,

A vida coa fama dilatando…;

 

Que, deixando as iberas demoranzas,

Do ignoto Ocaso as nunca ousadas vías

Cometeran, e d’arduas esperanzas

Traballados sin fin nuites e días

Foran, e de mil dudas e tringanzas

Grandes, e mil durezas e vigías…,

Direi, se tanto alento me for dado

D’emular o seu curso celebrado

 

Eduardo Pondal, Os Eoas

 

A miña crítica d’Os Eoas de Eduardo Pondal: é como ler Homero

 

 

Aquiles

 

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis