Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

Categoría: Parlamento Galego

27/04/2009 GMT 1

Contos e demais historias

fumador @ 22:02

Releo o discurso de ANF como candidato a Presidente da Xunta de Galiza. Hai dous detalles que me chaman a atención poderosamente. O primeiro, do que sospeito que ten interpretacións máis profundas, é o alto número de incorreccións, grallas, erros ortográficos e léxicos que conten. Unha suma non moi estrita bota como resultado unhas cento dez (110) en 47 páxinas, todas descubertas tras accionar o corrector ortográfico que está incluído do Word de Microsoft (empreguei este programa por ter a maior cota de mercado, pero prefiro o procesador de textos de Open Office, especialmente desde a recente saída de versión 3.0).

O segundo que me chama a atención é a insistencia nunha política fiscal que presenta aséptica, pero que ten moito de ideolóxica. Reducir os impostos é moi tendencioso. ANF presenta propostas con efecto de caída. Son propostas NOIRO. No momento en que aceptamos o axioma principal que está incluído nunha proposta, caemos nunha espiral que nos leva a outras propostas, cada vez máis radicais. Por exemplo, unha das propostas consiste en reducir do 25% ao 20% o Imposto de Sociedades as PEMES. A utilidade desta medida é cuestionábel por dous motivos: a) o prazo no que tería efecto, b) os custes que habería que recortar para compensar esa perda económica pública e c) a capacidade que ten o goberno galego para efectivizala pola configuración política do Estado Español. Estes tres puntos son coñecidos por todo o mundo e non insistirei máis.

Xulgo perverso, iso si, que ANF, xunto con toda a pléiade de conservadores radicais (até algún fascista teñen), tente convencernos de que esta é unha medida positiva. MENOS impostos é MENOS de todo, e non ao revés:

MENOS impostos son MENOS recursos para a administración pública.

 

consecuentemente

 

MENOS impostos son MENOS profesoras e profesores

MENOS impostos son MENOS libros gratuítos

MENOS impostos son MENOS escolas

MENOS impostos son MENOS axudas de transporte

MENOS impostos son MENOS autobuses dos colexios

MENOS impostos son MENOS proxectos de investigación

MENOS impostos son MENOS información e coñecemento

MENOS impostos son MENOS logros tecnolóxicos

MENOS impostos é MENOS saúde

MENOS impostos son MENOS médicas e médicos

MENOS impostos son MENOS enfermeiras e enfermeiros

MENOS impostos son MENOS celadoras e celadores

MENOS impostos son MENOS prazas públicas nas oposicións

MENOS impostos son MENOS libros, películas, obras de teatros…

MENOS impostos son MENOS obras públicas

MENOS impostos son MENOS liñas de bus

MENOS impostos son MENOS liñas de camiños de ferro

MENOS impostos son MENOS estradas

MENOS impostos é MENOS protección do medio ambiente

MENOS impostos é MENOS internet

MENOS impostos son MENOS policías

MENOS impostos son MENOS xuízas e xuíces

 

e podería seguir con outras moitas cousas. Prefiro desenvolver estas ideas

 

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS fracaso escolar

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS dependencia do coñecemento exterior

MÁIS REBAIXAS FISCAIS son MÁIS enfermidades

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS desemprego

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS incultura

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS incomunicación

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS atraso

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS inseguridade

MÁIS REBAIXAS FISCAIS é MÁIS inxustiza

 

Habería que falar nestes termos cando alguén propón unha rebaixa de impostos.

Este é un conto de fadas baixo a auga de Helena Kalis

conto-de-fadas.JPG

18/02/2009 GMT 1

Feixó09

fumador @ 15:51


Titulado Feixó09 este meu apuntamento ía tratar sobre a longa campaña publicitaria que está a desenvolver o PP de cara ás eleccións galegas do primeiro de marzo. Cando xa tiña algunhas ideas apuntadas e debidamente conectadas, cunhas críticas relativamente ben artilladas, resulta que a realidade supera a está (fictiva) anotación.

 

8/02/2009

Con efecto, a campaña do PPdG está a ser moi longa. Empezou xa a finais do verán cunha vaga de valados até hoxe. Daquela xa me chamaron a atencións os valados (bilingües se non lembrades) que daban as grazas por nada e despedían o goberno bipartito da Xunta de Galiza. Desgustáronme. Nun primeiro momento xulguei que se debía á tipografía enleada e pouco lexíbel, que debuxaba unha imaxe completamente asimétrica; mais logo mudei de opinión. O lema mesmo era pouco adecuado. Mesturar unha expresión borde con outra cortés renxe. Ata nunca, bipartito acabaría por quedar máis expresivo, pero na tradución en español  faixe moi longa. Este é o ton habitual nos seus deseños, consonte a situación desa formación política.

 

10/02/2009

As accións comunicativas non estruturadas como esta repetíronse até hoxe mesmo. A poucos días de que comece a campaña de xeito oficial, o día antes de que se produza o primeiro debate (a tres) na galega, reafírmome nesta idea.

Precisamente por ser longa e desestruturada, o discurso político do PPdG acaba por caer en incoherencias. Unha grosa é a política lingüística. Outra, o voto emigrante. Outra, miúda, as gama cromática que emprega na súa publicidade. Outra, tamén miúda, o emprego anárquico das formas de respecto. Podería seguir neste sentido moito máis, pero xa me aburre.

 

11/02/2009

Apenas  prescritivo. Ao ser unha campaña tan longa acaba por desestruturarse

Incoherente

Esta desestruturación acaba por provocar discursos incoherentes.

Tipografía

Aspectos formais.

A tipografía

As cores

O discurso

 

18/02/2009

Aos poucos vaise confirmando que rexeita participar nun debate a tres.

Afúndese.

 

james-quantz-jr.JPG

 

James Quantz Jr. 

17/02/2009 GMT 1

Non podo resistirme, pero...

fumador @ 21:02

03/02/2009 GMT 1

Que presidente?

fumador @ 17:48

A campaña do PDdG-PSOE erra por completo comparada coa campaña do BNG (que tiña disfuncións, aínda que a nova fase mellorou moito a anterior). O que puiden ver até o de agora é unha campaña presidencialista, que pretende facer de Touriño un presidente que nin foi, nin o pode ser.

Non o foi por dous motivos. Tivo a oportunidade de terse constituído como un referente político do goberno bipartito pero non o fixo. Para ser o referente terían que darse dúas condicións. Dirixir de xeito moi dinámico as áreas que levaba o seu partido para que eclipsasen os departamentos do BNG (e isto era posíbel con 70% das consellarías) e dar cobertura as iniciativas do BNG (de xeito que rendabilizase os éxitos como propios e se distanciase dos fracasos como alleos). Outrosí: puido ter exercido como a alta institución que é no lugar de servir como unha peza máis na maquinaria partidaria En resumo, ser un Montilla galego (con isto non quero dicir que tivese que facer o mesmo que o President). Por outra parte, non pode ser O Presidente porque carece de autonomía política para o facer. Desde Ferraz téñeno tan amarrado como a Feijoo  (do que xa falarei) desde Génova, ou quizais máis.

Por estes motivos a precampaña non lle funciona. Non pode ser o presidente porque cando os socialistas falan dun presidente, O Presidente, por definición, é Zapatero (ultimamente, B. H. Obama). Ainda que se pode mudar isto, modificar o sentido de presidente, é unha operación publicitaria desa envergadura que exixe tempo, non se improvisa e resta menos dun mes para as votacións.

A estética da campaña non é apropiada. Pintar un fondo negro en época de crise demostra que o deseño fíxose con moi pouco siso, máis aínda asociándoo a Emilio e ao futuro: unha idea desastrosa. Lingüisticamente, os sublemas teñen defectos ou son pouco afortunados. Por exemplo, logo da polémica das “membras” non é coherente dicir que é o presidente de “todos” Onde ficou a loita pola igualdade de todas e de todos?. Non funciona, simplemente.  Semella que a axencia de publicidade esqueceu os seus propios procedementos (unha dos principios básicos da publicidade afirma que calquera anuncio debe respectar os valores xenéricos e tradicionais da marca) e, o que é máis grave, o dirección do PSdG-PSOE consentiu. Na publicidade política cando a técnica de markéting supera á ideoloxía, esta desaparece e con ela a fidelidade de importantes segmentos do electorado natural. Por outra parte, o erro maior é empregar a palabra contra. Esta preposición remite a un conxunto de ideas que se relacionan coa agresión e co discurso negativo. Forma e contido están a contradicirse de continúo.

Unha precampaña nada brillante.

***

tyrel.JPG

No portfolio de Tyler Stableford esta toma está na categoría de industry.

24/10/2008 GMT 1

A 3 ou 4 voces

fumador @ 15:05

Leo na prensa escrita unha nova sobre unha enquisa feita a través de internet sobre unha ordenanza municipal.

 

Reflexiono sobre a votación ao conxunto dos orzamentos xerais do estado. O esencial, para o que nos toca, é que, logo dunha negociación, o BNG conseguiu 125 millóns de euros máis que o ano pasado.

 

Sinto falar das sinaturas que presentou unha entidade sen ánimo de lucro na Consellaría de Educación para que os pais e as nais poidan escoller a lingua que debe ser empregada cos seus fillos.

Segundo esta información, o 82% das persoas que a responderon están en contra de que o concello poida facerse cargo dos edificios ruinosos ou medio construídos.

 

Isto significa que cada un dos dous deputados, exactamente, do deputado e da deputada, achegan 65 millóns e medio cada un. O conxunto do PP non consegue nada e o PSOE, con Antón Louro á cabeza, non sabe nin contesta.

O número total de sinaturas é 2000. Esta cifra supón aproximadamente o 0’55% do total dos pais e nais en Galiza. Aínda que hai que ser respectuoso co este  tipo de colectivos, e co seu apoio social, o PP debería pensar a quen ampara.

Resístome a pensar que só o un de cada 5 persoas acrediten na necesidade de recuperar os cascos vellos das nosas cidades.

Chámame a atención que os medios de comunicación pasen con pés de la sobre este feito, agradecen coa boca pequena o esforzo nacionalista, pero non din nada do papel das outras persoas que tamén nos representan. As forzas políticas non nacionalistas son inútiles para nós desde esta perspectiva. Engado que hai exemplos de valentía política noutras latitudes…

(Descoñezo o número de sinaturas que é capaz de recoller A Mesa nun día, pero creo que é algo máis dese guarismo…)

 

Descarto unha conspiración de construtoras e promotoras.

Con todo, eu xa me sabía esta lección. Asumindo os seus puntos febles, que os ten, o nacionalismo supón progreso real para nós. As persoas que aínda non recoñecen este feito deberían reflexionar.

A min, por outra parte, paréceme estupendo que o PP apoie este tipo de colectivos anti-galegos, de talibáns lingüicidas.

 

 

Este tipo de enquisas por internet son unha merda.

Aínda están a tempo.

O pobo galego debe ter claro qué vota.

 vaqueiro de medianoite

{Espectacular o papel de López-Chávez, I. no pleno do Parlamento Galego esta semana. Pasará á historia, como The Lord of the little threads, como noutrora Fraganator... Outra obra mestra de Puag! Productions}

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis