Resultados das eleccións
Grazas. Necesitaba un chisco de humor.
Grazas. Necesitaba un chisco de humor.
Como militante participei todo o que puiden nesta campaña. Só me resta unha cousa. Mañá tedes que ir votar, non podemos permitir que o PP triúnfe coa súa táctica de desmobilizar a votantes nacionalistas.
Sabedes das mentiras e das manipulacións.
Sabedes o que nos xogamos.
Actuade en consecuencia.

O capitán Vasili Grigorievich Zaitsev foi un francotirador soviético que, no momento máis desesperado da batalla de Stalingrado, axudou a subir a moral do Exército Vermello e a derrotar aos nazis. Inspirou o coñecido film Enemy at the gates.
Feijóo reivindícase como inconformista… Quen non é inconformista? Quen se conforma coas súa vida tal e como é actualmente? Coa súa familia, co seu traballo, coas súas afeccións… todo o mundo é inconformista. É parte da condición humana.
A dereita aprendeu a conectar con grandes sectores da populación manipulando a linguaxe. O seu discurso emprega palabras pero cun sentido diferente, encuberto. Para desvelar estes sentidos encubertos hai que realizar varios procesos de desmanipulación lingüística. O primeiro consiste en buscar o significado contrario. Feijóo, e o PP quere, realmente, manifestarse como conformistas, como conservadores, como inimigos do cambio e das innovacións. Queren que todo siga seguise igual.
Comprobade se teño razón.
***
Un concelleiro de Cardiff é investigado por comparar o ensino do galés en escolas infantís coa limpeza étnica. Claro, Rosa Díez non a podemos deter por ser aforada…
***
O presidente do FMI, Dominique Strauss-Khan avoga por limitar o reparto de dividendos, pórlle couto ás prazas off-shore. OU tolelou de todo, ou virou socialdemócrata.
En la prensa:
El presidente del FMI, Dominique Strauss-Khan ha hecho un llamamiento para "poner fin a la distribución de dividendos" y ha reclamado el apoyo de los países para "reaccionar con dinamita" contra los paraísos fiscales y despedir a los ejecutivos de las instituciones financieras que han provocado la crisis".
¡Comunista, pedazo de comunista, eso es lo que es!
Titulado Feixó09 este meu apuntamento ía tratar sobre a longa campaña publicitaria que está a desenvolver o PP de cara ás eleccións galegas do primeiro de marzo. Cando xa tiña algunhas ideas apuntadas e debidamente conectadas, cunhas críticas relativamente ben artilladas, resulta que a realidade supera a está (fictiva) anotación.
8/02/2009
Con efecto, a campaña do PPdG está a ser moi longa. Empezou xa a finais do verán cunha vaga de valados até hoxe. Daquela xa me chamaron a atencións os valados (bilingües se non lembrades) que daban as grazas por nada e despedían o goberno bipartito da Xunta de Galiza. Desgustáronme. Nun primeiro momento xulguei que se debía á tipografía enleada e pouco lexíbel, que debuxaba unha imaxe completamente asimétrica; mais logo mudei de opinión. O lema mesmo era pouco adecuado. Mesturar unha expresión borde con outra cortés renxe. Ata nunca, bipartito acabaría por quedar máis expresivo, pero na tradución en español faixe moi longa. Este é o ton habitual nos seus deseños, consonte a situación desa formación política.
10/02/2009
As accións comunicativas non estruturadas como esta repetíronse até hoxe mesmo. A poucos días de que comece a campaña de xeito oficial, o día antes de que se produza o primeiro debate (a tres) na galega, reafírmome nesta idea.
Precisamente por ser longa e desestruturada, o discurso político do PPdG acaba por caer en incoherencias. Unha grosa é a política lingüística. Outra, o voto emigrante. Outra, miúda, as gama cromática que emprega na súa publicidade. Outra, tamén miúda, o emprego anárquico das formas de respecto. Podería seguir neste sentido moito máis, pero xa me aburre.
11/02/2009
Apenas prescritivo. Ao ser unha campaña tan longa acaba por desestruturarse
Incoherente
Esta desestruturación acaba por provocar discursos incoherentes.
Tipografía
Aspectos formais.
A tipografía
As cores
O discurso
18/02/2009
Aos poucos vaise confirmando que rexeita participar nun debate a tres.
Afúndese.
A campaña do PDdG-PSOE erra por completo comparada coa campaña do BNG (que tiña disfuncións, aínda que a nova fase mellorou moito a anterior). O que puiden ver até o de agora é unha campaña presidencialista, que pretende facer de Touriño un presidente que nin foi, nin o pode ser.
Non o foi por dous motivos. Tivo a oportunidade de terse constituído como un referente político do goberno bipartito pero non o fixo. Para ser o referente terían que darse dúas condicións. Dirixir de xeito moi dinámico as áreas que levaba o seu partido para que eclipsasen os departamentos do BNG (e isto era posíbel con 70% das consellarías) e dar cobertura as iniciativas do BNG (de xeito que rendabilizase os éxitos como propios e se distanciase dos fracasos como alleos). Outrosí: puido ter exercido como a alta institución que é no lugar de servir como unha peza máis na maquinaria partidaria En resumo, ser un Montilla galego (con isto non quero dicir que tivese que facer o mesmo que o President). Por outra parte, non pode ser O Presidente porque carece de autonomía política para o facer. Desde Ferraz téñeno tan amarrado como a Feijoo (do que xa falarei) desde Génova, ou quizais máis.
Por estes motivos a precampaña non lle funciona. Non pode ser o presidente porque cando os socialistas falan dun presidente, O Presidente, por definición, é Zapatero (ultimamente, B. H. Obama). Ainda que se pode mudar isto, modificar o sentido de presidente, é unha operación publicitaria desa envergadura que exixe tempo, non se improvisa e resta menos dun mes para as votacións.
A estética da campaña non é apropiada. Pintar un fondo negro en época de crise demostra que o deseño fíxose con moi pouco siso, máis aínda asociándoo a Emilio e ao futuro: unha idea desastrosa. Lingüisticamente, os sublemas teñen defectos ou son pouco afortunados. Por exemplo, logo da polémica das “membras” non é coherente dicir que é o presidente de “todos” Onde ficou a loita pola igualdade de todas e de todos?. Non funciona, simplemente. Semella que a axencia de publicidade esqueceu os seus propios procedementos (unha dos principios básicos da publicidade afirma que calquera anuncio debe respectar os valores xenéricos e tradicionais da marca) e, o que é máis grave, o dirección do PSdG-PSOE consentiu. Na publicidade política cando a técnica de markéting supera á ideoloxía, esta desaparece e con ela a fidelidade de importantes segmentos do electorado natural. Por outra parte, o erro maior é empregar a palabra contra. Esta preposición remite a un conxunto de ideas que se relacionan coa agresión e co discurso negativo. Forma e contido están a contradicirse de continúo.
Unha precampaña nada brillante.
***
No portfolio de Tyler Stableford esta toma está na categoría de industry.
Xa sei que o tema desta semana é a toma de posesión de Obama. Remítome ao que afirma o profesor Navarro (tan deostado e vituperado por algúns) e cuxas ideas son, esencialmente, as expón no artigo "A administración Obama".
Hoxe quero falar de algo moito máis intrascendente.
Debo recoñecer que por máis que visualizo este spot electoral, non me acaba de gustar. Creo que a idea é boa, pero a realización é un chisco ruín.
Por unha parte creo que foi acertado tirar desa referencia cultural. Creo que a rebelión de escravos (e escravas) que liderou Espartaco é un fito da historia europea no que debemos reparar porque amosa o inxusto dunha época que temos mitificada. A república da antiga Roma era unha sociedade inxusta, fundamentada da explotación das persoas, a súa gloria baseábase na trata de seres humanos. Non debemos perder isto de vista. Cada césar tiña á súa disposición a vida de centos de persoas.
A conexión entre o tracio e o nacionalismo galego, ademais, non é nova. Podemos rastrexar referencias a este acontecemento desde principios do século XX. Lembro un artigo que aparecen n’A Nosa Terra en 1907 máis ou menos. O nacionalismo leva no seu código xenético a loita pola xustiza social.
Agora ben, creo que a versión non é afortunada. Eu non poría a un guichiño vestido de romano para logo aparecer o Quin e outra xente con roupas actuais. Isto non é coherente, mesmo queda un pouco ridículo (bardante opcións brechtianas). Porque non por ao romano vestido con traxe e gravata desde o principio?
Por fortuna, a rede, que está a funcionar cada día máis como un suxeito colectivo, elaborou unha alternativa. Apareceu unha versión do vídeo que toma as imaxes do filme que dirixiu Kubrick (visualmente coherentes) e o son (que tamén é coherente) que ten moito de retranca. Ao igual que Imeneo, penso que é máis orixinal que o primeiro:
O BNG, pola súa xénese, fuxiu da mercadotecnia electoral en base aos seus valores, pero vese obrigado a empregala e, claro, deu paus de cego durante anos e aínda renxe. Con todo e con isto, penso que asumiu con relativa rapidez a necesidade de integrar o seu ideario e discurso, a súa imaxe tradicional e as técnicas publicitarias e faino con relativo acerto.
Unha cousa máis. Será o éxito deste anuncio un anticipo dun éxito electoral?
***
Alicia no país das das marabillas, por Drew Gardner
|
Quería falar do mesmo tema mais desde outro punto de vista. A verdade é que vin este vídeo no blogue de Xosé Mexuto e fiquei realmente impresionado. Logo de velo por segunda vez, decidinme a recuperalo. Volverei a escribir sobre a guerra de Palestina. Hoxe non |
|
|
Visitei outra vez o cartafol dixital de Caleb Kuhl. Non reparara neses pequenos detalles secundarios que introduce. |
|
|
A semana pasado o Presidente da Xunta de Galiza anunciou que as vindeiras eleccións galegas serían o primeiro de marzo de 2009. Non era sen tempo, xa que lle leva dando voltas a isto meses. Primeiro cunha tentativa de adiantamento para outubro ou novembro e logo con non sei que leria de coincidencias. Supoño que agora comezará unha avaliación sosegada e moi documentada sobre as consecuencias de teren desaloxado o PSOE e o BNG o PP do goberno galego. Máis eu non son o tal para o facer porque carezo de información, de datos precisos e obxectivos para me posicionar con rigor que calquera cidadán debería facelo. Non sei se é cousa miña ou unha seria incapacidade do sistema político galego, ou dos medios de comunicación, que deberían achegar información veraz e sempre contrastada. O que si podo facer con toda lexitimidade é dar a miña opinión subxectiva, con todo o significado que esta palabra ten. Coido que hai dúas características da lexislatura que vai acabar en pouco máis de dous meses. Un goberno mermado e unha oposición histérica / histriónica. O goberno estivo mermado. Isto é un feito co que ninguén contaba –aínda lembro a ilusión que xeraba a súa posta en marcha. E foi un goberno de coalición mermado a partes iguais? Sospeito que non. Por unha parte, o PSOE xestionou as súas áreas sen espírito. Apenas con iniciativas políticas de envergadura, con moi pouca elaboración lexislativa. Máis o BNG dirixiu as súas consellarías con actuacións de calado e con proxección futura. Como militante nacionalista para min é motivo de satisfacción o segundo, de moita satisfacción. Como simple cidadán que tenta reflexionar un pouco, é motivo de tristeza o primeiro, porque teño a sensación de que o PSOE gobernou como se non tiver programa, nin propio, nin programa conxunto co BNG. Pregunto: é causa de preocupación que a parte máis dinámica dun goberno sexa a minoría? O PP non deu superado o trauma da perda da Xunta e da súa maioría no Parlamento. Non aturan a idea de estar na oposición, non dixeriron que son o 50%-1. Lembro o espectáculo que montaron cando a designación de senadores ou senadoras. Foi bastante lamentábel. Mais cando antes dicía que se comportaron con histrionismo referíame que se son capaces de intercambiar os seus comportamentos co PSOE en función de estaren ou non na oposición. Creo que este feito non foi analizado suficientemente por ningún profesional, pero cada vez estou máis convencido de que fóra de principios inspiradores as súas propostas concretas son extremadamente similares e por iso que polo que cando un goberna o outro fai oposición sen moita distinción. Estamos ante un bipartidismo de partido único cando só temos en conta estas dúas forzas. Pero son demasiado partidista se deixase isto así. Percíbese que están en campos ideolóxicos diferentes e o PSOE ten correntes e bases algo máis a esquerda, tanto en sentido social como en nacional, que turran porque o PSOE se escore polo progresismo con máis ou menos éxito. En resumo, o cambio galego vai moi lento. Ademais, sálvase polo BNG, cos seus erros e cos seus acertos. Vou poñer tres exemplos destas dinámicas. A REFORMA DO ESTATUTO. Ao marxe de aritméticas parlamentarias, a miña conclusión é que Touriño acovardouse perante un PP fóra de si, que renunciou aos mínimos que hai trinta anos asumiría sen problemas. A falta de valentía de touriño pasará á historia xunto co seu aquel de político gris e sen carismas. O PP histérico ante un BNG que non se achanta, aínda sendo minoría. A CONSTRUCIÓN NAVAL. Cando o BNG lanzou a proposta sobre a construción naval, o PP reaccionou con medo de que os nacionalistas se apuntasen un tanto tan significativo. A política do PSOE foi cruzar os brazos, baixo corda quizais foi outra. O VOTO EMIGRANTE. Este é o punto máis claro. O PP logo de 16 anos de goberno e de ter unha posibilidade de mudar unha situación que el mesmo creou, non o fixo e agora critica. O PSOE que criticou todo isto, agora que tivo ocasión de mudalo, non fixo nada. Até agora, a única forza política que se mantivo coherente foi o BNG. Estes son tres exemplos, pero creo que hai moitísimos máis casos, non? Tomo boa nota de todo isto. |
|
|
|
|
||
|
|
||
|
|
||
|
Falaba de memoria… E por iso se me quedaron algunhas cousas no tinteiro. No momento da ruptura entre os segmentos comunistas e non comunistas nos anos vinte dos século pasado, un dos principais motivos de escisión foi a incorporación á nova internacional que Lenine viña de crear. Isto foi o casus belii principal. O PSOE, por exemplo, padeceu este conflito e quen se marchou para se integrar na Komitern acabaron por formar o PCE. As diferenzas ideolóxicas nunca foron, porén, moi profundas. De feito, as mocidades acabarían por converxer nunha única organización durante a II República española. Por outra parte, Pablo Iglesias, socialdemócrata segundo os criterios que expuxen, mantivo sempre o respecto entre o abano ideolóxico da esquerda. Ao fío destas cavilacións, creo que é adecuado recuperar a terminoloxía anterior á queda do muro: hai comunistas, socialistas e socialdemócratas. Fóra quedan as terceiras - vías e outras lerias. |
||
|
|
||
|
Recomendo este interesante artigo, ou mellor dito, post, sobre o modelo sindical de UGT. A seguir unha pregunta nada inocente, que faría Pablo Iglesias se ver o que fixeron coa central sindical que creou? |
||
|
|
||
|
Iria Aboi, Secretaría Xeral de Galiza Nova, publicou un artigo sen desperdicio sobre a figura histórica do Marechal Pardo de Cela. Sen desperdicio, afirmo, non tanto polo contido, bastante traído e levado, senón polo efecto que causou e que se pode ollar nos comentarios tan furibundos e irracionais os máis deles. Marcos Maceira tamén escribiu outro artigo sobre o mesmo tema con idéntico resultado. Extraio unha conclusión clara. A compañeira Aboi e o compañeiro Maceira deben escribir máis a miúdo. |
||
|
|
||
|
Outro artigo interesante de Vincenç Navarro sobre a figura de Barack Hussein Obama, presidente electo da república dos Estados Unidos de Norteamérica cuxa capital é Whashington. |
||
|
|
||
|
Seica hai un replicante meu pola rede adiante empregándome para actividades con ningunha boa intención. Non vos preocupedes. O meu exército de blade runners andan xa atrás del (ou dela) para retiralo. |
||
|
|
||
|
|
|
|
|
|
O que máis me gusta da fotografía de Caleb Kuhl que vin até agora é a especial sensibilidade para o tratamento da luz e da cor. |
|
Fraque é unha variante gráfica de frac que a RAE admite para o estándar do español. Claro, a normativa do español tamén ten estas pequenas cousiñas, pequenas alternancias admitidas e que non lle crean problemas (como hierba/yerba) e que responden ao criterio de quen escribe ou outras (como o/ó) que dependen do contexto.
O Fraque/frac do español provén do frac francés, cuxa adaptación para galego é frac, para portugués fraque, para italiano frac...
Fraque ten un significado moi especial para a autora do blogue que acaba de abrir e ao cal me subscribín é que recomendo.
Benvida ao blogomillo.