Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

04/03/2008 GMT 1

Secuelas psicolóxicas do debate electoral…

fumador @ 23:05

A verdade é que non tiña pensado escribir sobre o debate electoral entre candidatos (a deputados) do PSOE e do PP, senón que quería escribir sobre o canon dixital porque é un tema sobre o que teño algunha idea que ninguén di. Pero xa falarei disto noutra ocasión. Agora escribo como medida terapéutica, para ben da miña saúde mental, porque cometín o erro de ver o debate en cuestión.
As campañas electorais tórnanse plúmbeas, grises e pesadas por mor do bipartidismo acartonado que se impón sobre a diversidade ideolóxica dentro do Estado Español. Ademais das estruturas partidarias, falo dos “entornos” do PP e do PSOE, que tamén os teñen.
Son tremendamente predicíbeis nos seus argumentos e contraargumentos.
Este fenómeno, que se vén dando desde hai anos, é especialmente evidente nos medios de comunicación. Unha vez que se dá a consigna pertinente a primeira hora da máña, pódese contar como uns e outros a reproducen nos seus medios, ou nas tertulias “plurais” da TV, ou nas da radio até a noite. A isto xa estou acostumado e estou a crear defensas naturais contra este tipo de concurso electoral.
Ao que non me dou acostumado é á retórica que utilizan os acólitos do PP. Moléstame especialmente esa falta de educación, ese non saber estar. Son mesquiños e aprópianse dunha superioridade moral impostada porque defenden a liberdade ante todo.
En realidade todo isto é falso.
Porque cando se ollan nun espello non ven a ese nai/pai autoritaria/o, forte, recta/o e xusto que lle gustaría ser, senón que observan un/ha nai/pai medoñenta/o, e acomplexada/o que se agocha detrás dunha actitude prepotente e sabichón/ona.En verdade non son liberais-progresistas, nin centristas, nin moderadas/os, nin conservadoras/es.
Son liberal-canallas.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis