Worm hole
Hai un par de días estiven a ver un documental de divulgación científica sobre como sería unha nave extraterrestre e como poderíamos reproducila. A conclusión da reportaxe é que, neste momento, a humanidade ten coñecementos teóricos para poder viaxar a outros lugares do universo.
O motor desa hipotética nave funcionaría sobre os principios da física do século XX baseados na teoría da relatividade. O que vén a dicir Einstein é que o espazo e o tempo son mesma cousa, algo así como un colchón dunha cama. Que ocorre cando me deito na cama? Que o colchón afunde. Do mesmo xeito ocorre con contínuum espacio-temporal, unha masa pode curvalo:

Se imaxino que o universo é un folio, podería facer que esquinas opostas se tocasen só con dobralo.O mesmo podería facer co universo.
Para ligar os dous planos só se necesita unha masa o suficientemente grande para que xere un wormhole. Un buraco de miñoca é, esencialmente, unha ponte entre dous puntos afastadísimos do universo. Ademais, dado que o espazo e o tempo veñen sendo unha mesma cousa unha mesma cousa, non só sería posíbel viaxar de aquí a outras galaxias, senón de agora a outros tempos.
[Inciso: os galegos subimos ou baixamos? - ou é unha pregunta sen sentido]

Ligar cousas que non teñen unha ligazón paréceme fascinante. Buscar os vincallos acubillados do universo é unha tarefa aglaiante. Pregúntome se podemos achar outros buracos-vencello máis próximos. Non é máis que dobrar unha folla de papel para facer que se toquen ou seus extremos.

Chúzao
del.icio.us


Que sorpresa! Acabo de saber de ti nestes espazos...
SAÚDOS
Acuática | 02-07-2008 - 18:48:12 GMT 1 #