Lin Os Eoas...
O poeta
Daqueles héroes fortes e barudos,
Que a tanto se ofreceran, tanto ousaran,
Que de todo indefensos e desnudos
De ferro combateran e luitaran,
E por fe grande intrépidos e rudos
Venceran, e as edades admiraran,
A morte destemidos desdeñando,
A vida coa fama dilatando…;
Que, deixando as iberas demoranzas,
Do ignoto Ocaso as nunca ousadas vías
Cometeran, e d’arduas esperanzas
Traballados sin fin nuites e días
Foran, e de mil dudas e tringanzas
Grandes, e mil durezas e vigías…,
Direi, se tanto alento me for dado
D’emular o seu curso celebrado
Eduardo Pondal, Os Eoas
A miña crítica d’Os Eoas de Eduardo Pondal: é como ler Homero…


Chúzao
del.icio.us



Se non te coñecese... pensaría que a entrada é froito de certa pedantería académica :P xDDDDDDDDD
Xabier Pérez Igrexas | 03-10-2008 - 18:59:38 GMT 1 #
Parece que esta semana non cumprimos co de:
CADA VENRES, LOGO DO CIGARRO DESPOIS DE COMER, UN NOVO POST...
Agardo esa nova entrada :P
Unha aperta, camarada.
Xabier Pérez Igrexas | 11-10-2008 - 19:08:11 GMT 1 #
Que simpático o bardo!
En fin, saúdos de aprendiz de poeta!
Alba | 16-11-2008 - 23:21:00 GMT 1 #
Que simpático o bardo!
En fin, saúdos de aprendiz de poeta!
Alba | 16-11-2008 - 23:33:56 GMT 1 #