Volvo á carga
Este post, co que volvo das vacacións que me tomei, foi escrito pola vella nun momento de descanso ao longo deste fin de semana maratoniano…
Hoxe, 18 de abril, xurou como Presidente da Xunta de Galiza Feixóo. Non se me ocorre mellor data para volver das vacacións que me tomei. Fágoo para reflexionar sobre dous aspectos que me chamaron a atención, dos case apenas se di nada e que considero fundamentais.
O primeiro é o feito de que imos ter un presidente que non está avalado con plenas garantías democráticas que o sentido común e a práctica política aconsellan. Se o axioma principal da democracia consiste en que as decisións que se toman son as da maioría, podemos dicir que esta investidura non é exactamente democrática, porque a opción política que encabeza non obtivo máis votos que a alternativa. A minoría maioritaria popular tradúcese en maioría (mínima) parlamentar a causa dunha lexislación electoral que a favorece sempre.
O segundo é o feito de que a dereita monopolizou a axenda electoral, monopolizou a linguaxe, os termos, os marcos conceptuais. Por exemplo, na lingua fálase de imposición ou non imposición verbo da campaña suxa e baixo corda que fixo o PP, mesmo alimentando grupos violentos. Xa sabemos o siloxismo: se comparten obxectivos, comparten estrutura, non?
Pois ben, isto é o que son en realidade:
Shen Wei é un chinés que emigrou a ianquilandia onde estudou na escola de Artes Visuais da cidade de Nova York. “Hair” pertence á serie Chinese Sentiment e, modestamente, cun revelado dixital gañaría moito (fixen a proba). A referencia vénme atravé do blogue CCCP.

Chúzao
del.icio.us


