Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Impostura de fumador [gamma]
Blogue persoal de Alexandre Insua

04/05/2009 GMT 1

Alberto Núñez Feixóo elimina profesores

fumador @ 20:24


A decisión de non convocar prazas de profesores ao ensino secundario (institutos, escolas de idiomas, conservatorios de música, etc…) que hoxe anunciou o PP nunha reunión cos sindicatos non pode ser máis funesta.

É funesta porque furta a posibilidade de milleiros de profesionais de estabilizar a súa vida (laboral). É funesta porque condena á precariedade laboral a moitos profesores e profesoras, (con algúns deles e, sobre todo delas, compartín aulas). Tamén é funesta porque quen vai ser directamente prexudicado é o estudantado, que nos casos en que for necesario, non terán un ou unha docente á súa disposición. O PP está promovendo a ignorancia social.

Así é todo, é funesta por que é profundamente ideolóxica, aínda que afirmen que se trata dunha decisión técnica. O abandono do PP polo público móstrase nestas decisións. Esta determinación é un síntoma desa enfermidade que nos ameaza que é o (neo)liberalismo. E non só é unha resolución funesta e ideolóxica, senón que tamén ten un marcado papel estratéxico. É unha proposta-noiro ao uso. Preséntase unha idea que aparentemente non ten moita importancia, pero que, unha vez asumida, cáese por un talude que nos leva a un abismo.

O primeiro paso é reducir o número de profesorado (este ano non xubila ningún, ou que?). Isto permite dúas cousas a) reducir o gasto en persoal nos próximos orzamentos para o ano que vén e b) criticar o sistema de ensino público por ineficiente  –logo de seren eles mesmos os que provocan unha situación de precariedade. Con estes dous elementos xa temos unha xustificación para derivar fondos ao ensino privado a través do sistema de cheques escolares. Non sé é funesto. É perverso.

O PP estase portando con nós como un pai estrito que lle quita a comida do prato á súa filliña e logo rífalle por ser anoréxica.

 Jack Radcliffe ten un estilo de seu. Noutra das series fotografou á súa filla durante 27 anos. Eu prefiro estoutra.

 

jack-radcliffe.JPG
Comentarios

Comentarios(3) »

  1. Propio do PP non sei de que se extraña un

    actualidade | 05-05-2009 - 17:53:38 GMT 1 #

  2. A decisión en sí é propria do PP, claro; mais poño en relevo a dinámica que inicia e onde está inserida.

    fumador | 05-05-2009 - 21:08:49 GMT 1 #

  3. Grazas por facer máis rendibel o noso traballo e servirvos del para lle dar máis difusión.
    Temos amigos en Madrid que se laian constantemente do método Aguirre e que nós coñecemos tan ben: apretar todo o público ate que se poña azul... e afogue.
    O seguinte paso é funeral e enterro.

    eleonora nacarina | 16-06-2009 - 18:00:25 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis